Convócase a veciñas e veciños de Mondoñedo a una reunión informativa o vindeiro luns día 27 de maio na Casa da Xuventude ás 20h.
Mondoñedo, 25 de maio, 2024. O Concello de Mondoñedo está a traballar no novo PEPRICH, unha ferramenta que rexerá a actividade urbanística da área urbana nos vindeiros anos.
Dentro deste proceso de elaboración desta norma, ábrese un período de exposición pública que comezará en breve, unha vez que se publique no DOG, por iso considera de interese xeral para a veciñanza a información previa dos contidos do mesmo para que, unha vez que se abran os dous meses de exposición pública, poidan facer as consultas pertinentes.
Por isto, o equipo de goberno do Concello de Mondoñedo, convida a veciñas e veciños a unha reunión informativa, na que estará presente o equipo redactor, que terá lugar o vindeiro luns día 27 de maio, ás 20h, no Salón de Actos da Casa da Xuventude.