O creador e poeta Quique Roxíos non puido acudir a ler o seu pregón, por motivos persoais graves. Foi o ribadense Anxo Martíns o encargado de poñerlle voz ao texto escrito polo autor de Boal distinguido polo seu compromiso coa fala do Eo-Navia. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, abriu o acto, fixo unha semblanza de Quique Roxíos e disculpou a súa ausencia.