O domingo 26 de maio a portavoz nacional Ana Pontón estará no acto central do BNG no Pastor Díaz en Viveiro
A Mariña, venres 24 de maio. O BNG vén de avanzar hoxe en Viveiro as medidas máis urxentes para os sectores produtivos da comarca e que se deben aplicar desde a U.E en sectores coma o agro e a pesca, de especial relevancia na comarca da Mariña.
Daniel Castro, deputado no Parlamento, acompañado polo responsable comarcal Antonio Veiga, a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez a concelleira Iria Cotelo e o concelleiro Xoán Ramón Martínez destacaron a importancia que para A Mariña teñen as medidas que o BNG contempla no seu decálogo de principios diante das Eleccións Europeas 2024 no que tén que ver cos sectores produtivos.
Soberanía alimentaria
Neste sentido o BNG aposta por unha nova política agraria e pola soberanía alimentaria de cada pobo, donde estes teñan a facultade de definir as propias políticas e alimentarias consonte aos seus recursos e obxectivos de desenvolvemento sustentable. Galiza debe poder protexer o seu mercado alimentario doméstico evitando a importación de produtos que tén capacidade de producir e consolidando un modelo de produción agraria basado na proximidade.
Galiza e A Mariña, altamente dependentes da pesca
A pesca, que é un dos motores económicos máis importante da Mariña ocupa boa parte do programa nacionalista, no que o BNG demanda un novo estatus institucional para Galiza na U.E en materia pesqueira, recoñecendo formalmente o seu carácter como “Zona Altamente Dependente da Pesca” e posibilitando a súa presenza con dereito de decisión nas institucións comunitarias donde se adaptaren decisións en materia pesqueira.
Saneamento integral das rías e dos ríos galegos
En materia medioambiental os nacionalistas exixen o saneamento integral das rías e dos ríos galegos, denunciando o seu estado e as necesidades de control efectivo da execución do seu saneamento no cumprimento da Directiva Marco da Auga, como prioritario
Domingo 26 de maio, ás 20:00 no Teatro Pastor Díaz en Viveiro, acto central de campaña do BNG na Mariña
Por todo esto, desde o BNG apelan á sociedade mariñá a que acuda masivamente o vindeiro 26 de maio ás 20:00 ao Teatro Pastor Díaz en Viveiro ao acto no que intervirán Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa en Viveiro, Daniel Castro, deputado no Parlamento, Olalla Rodil, deputada, e Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.