Nota de Prensa
XI Xornada Micoloxía OMIX Valadouro
O sábado 23 de outubro volve un ano mais o día dedicado aos cogumelos no Concello do Valadouro. Cada ano somos máis xente os que subimos ao monte o sábado para aproveitar un estupendo día de natureza na Fraga Vella. Jesús Blanco un dos máis veteráns micólogos da bisbarra supervisa a xornada dándonos maxistrais leccións sobre o mundo dos hongos e moitas máis cousas dese ecosistema tan rico.
Podes elixir en ir pola tarde ou pola noite para ver a exposición de cogumelos e as descricións científicas e por suposto deleitar coa riquisima cea que preparan Marisol da Casa da Cultura e o mesmo Jesús Blanco. Tes a opción de sair ao monte e/ou cear. Só cobramos a cea, 15 € por unha abundante e variada degustación micolóxica. O ano pasado éramos case 60 persoas, a a fección a xornada cada vez vai en aumento, así que inscríbete o antes posible. Podes inscribirte na OMIX ou na cafetería da Casa da Cultura.