Viveiro, 15 de maio, 2024. A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha dende o luns 20 unhas xornadas formativas sobre redes sociais.
Nos últimos tempos os hábitos de consumo e a forma de mercar cambiaron moito. As novas tecnoloxías chegaron para quedarse, xa forman parte do dia a dia das nosas vidas, utilizámolas continuamente polo que é moi necesario adaptarse e actualizarse.
As redes sociais convertéronse nunha ferramenta moi útil para amosar os produtos a unha clientela moi ampla, son un escaparate do negocio pero a gran escala.
Utilizándoas ben poden ser un aliado moi bo para as ventas dos pequenos negocios.
Por todo isto, dende o CCHV, en colaboración coa Oficina Acelera Pyme Asime de Lugo, organizamos para os negocios asociados 3 xornadas de formación en redes sociais, que se celebrarán durante tres luns consecutivos, de xeito presencial na sala multiusos do Concello de Viveiro.
A primeira xornada será o Luns día 20 de Maio e tratará sobre “como facer fotografías de calidade para redes sociais có móvil”. Ter unas boas fotos do negocio e dos productos que vendes é fundamental, aprender como facelas ben ou pequenos trucos de edición axudarannos a chegar mellor ós potenciais clientes.
A segunda xornada será o Luns día 27 de Maio e tratará sobre “descubre Instagram, de 0 a 100, y cómo crear contenido para tus redes sociales”. Ainda que como dice o refrán “unha imaxe vale máis ca mil palabras” se a acompañamos dun bo texto explicativo o resultado será ainda moito mellor. Nesta xornada aprenderemos todo sobre a rede Instagram e a crear contido de calidade para chegar a mais clientes.
A terceira e última xornada será o Luns día 3 de Xuño e tratará sobre “cómo hacer publicidad en redes sociales”. Aprenderemos a dar visibilidade aos negocios, canalizando a publicidade hacía o noso público obxetivo.
As tres xornadas terán lugar na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, de 19 a 21 h. E para asistir é necesaria unha inscripción previa. Están dirixidos tanto a comercio, como hosteleria ou servicios.
Serán impartidas pola Axencia de publicidade Donapubli en colaboración ca Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro, dentro dos servicios que se prestan ós negocios asociados.