A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo felicitar “á rapazada do Lois Tobío por esta merecidísima vitoria e por poñer en valor a importancia da seguridade viaria”
Viveiro, 13 de maio de 2024. O alumnado de 5º de primaria do CEP Lois Tobío de Viveiro vén de proclamarse campión nas I Olimpíadas Nacionais Escolares de Seguridade Viaria, celebradas en Narón.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo felicitar “en nome do Concello á rapazada do Lois Tobío por esta merecidísima vitoria e por poñer en valor a importancia da seguridade viaria”.
O evento tivo lugar o pasado xoves 9 de maio no Pazo da Cultura de Narón, e contou con participantes das provincias de Navarra, Madrid e Ávila, así como de Viveiro e de Narón.
A competición organízase por primeira vez a nivel nacional, e contou coa colaboración do Concello de Narón e da Federación de Autoescolas.