Burela, 11 de maio, 2024. A Sociedade Cultural Ledicia comeza a actividade da Feira do Bonito convocando o concurso de carteis, motivo polo cal se fan públicas as bases, agardando que todas as persoas que teñan algún tipo de inquietude artística podan atopar aquí un xeito de expresarse.
Se a ruta non ten tropezos, a Feira chegará a porto na primeira fin de semana de agosto; será a edición número trintaeoito dun evento xa clásico no verán da Mariña, que se fai forte gracias ao traballo e á unión de moita xente e ao apoio de varias institucións, tanto públicas como privadas.
BASES
1. Convócase o concurso en dúas categorías:
Categoría A: concursantes ate 14 anos (incluidos)
Categoría B: concursantes maiores de 14 anos
2. Poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría na que concursan.
3. O tema debe ter – necesariamente – relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será XXXVIII FEIRA DO BONITO, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración Burela 3 e 4 de agosto de 2024.
5. A técnica a empregar é libre, pero os traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son:
Cat. A: 15 X 20 cm
Cat. B: 50 x 65 cm
6. Os orixinais poden entregarse ata o día 19 de Xuño de 2024 no local social da Sociedade Cultural LEDICIA – Rua do Ril, 4 entr/baixo – 27880 – Burela: de xeito persoal os mércores entre as 20:30 h e as 22:30 h por correo, no enderezo antes reseñado se non poidese acudir ao local, entregar a algunha persoa da xunta directiva
7. Premiarase un traballo por categoría: o gañador da Categoría A para o programa de man, e o da Categoría B para o cartel anunciador da Feira.
8. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio dia da celebración, e as persoas gañadoras serán convenientemente convocadas para o acto.
9. Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
10. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.