Foz, 9 de maio de 2024. Hoxe, xoves, foron sorteados os premios da campaña do Día da Nai de AciaFozCCA.
As persoas premiadas con 200 euros en vales de compra cada unha foron:
Alonso Fernández, por una compra realizada en Librería Bahía.
Rafael Pedrosa, en Briz.
Nuria Carreño, en Pastelería Anduriña.
Yanira Díaz, en Clínica Maas Saúde.
María Esther Merino, en Salai Campo.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, esta mañá foi conducido por David Val e contou coa presenza da concelleira de Comerio, Kathy Navarro; e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Na campaña do Día da Nai participaron 72 comercios. AciaFozCCA contou coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.