Viveiro, 8 Maio, 2024. O home foi reanimado despois de que o sacasen da auga.
Arredor das 10:10 horas desta mañá, varias persoas alertaron ao 112 Galicia dun home que caera ao mar, preto dunha lonxa en Celeiro. Os particulares indicaron que, aínda que foron capaces de sacar ao varón da auga, atopábase inconsciente, polo que os xestores pasaron o aviso ao ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se informou a Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Viveiro, Garda Civil de Lugo e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro.
Posteriormente os Bombeiros indicaron que o mariñeiro atopábase consciente despois de que se lle aplicasen técnicas de reanimación e fose atendido polos profesionais das urxencias sanitarias.