Ribadeo, 3 de maio de 2024. O Concello, despois da reunión mantida hoxe con veciños e veciñas da avenida Ría de Ribadeo, acordou pintar unha liña continua desde a rotonda de Piñeira ata a da área comercial de Vilar co obxectivo de mellorar a seguridade viaria nesa zona.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “se pintará unha liña continua para primar a seguridade nunha zona na que se producen continuos accidentes, atropelos e retencións de tráfico”.
O rexedor adiantou que “tamén se iluminarán os pasos de peóns e mellorarase a sinalización en todo ese tramo”.
O alcalde mantivo este mediodía na Casa do Concello un encontro con residentes da avenida Ría de Ribadeo para abordar este asunto.