Ribadeo, 1 de maio, 2024. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) organiza no CFEA Pedro Murias de Ribadeo un curso de introdución á produción de planta ornamental.
Desenvolverase nos meses de maio e xuño de 2024 e terá unha duración de 50 horas.
Preténdese achegar ás persoas vencelladas profresionalmente ao sector primario agrario ou con espectativas de incorporación, os diferentes aspectos da produción de planta ornamental.
Perante 6 xornadas, (15, 16, 29 e 30 de maio / 11 e 12 de xuño) impartiranse coñecementos do viverismo, preparación de chans e substratos, tipos de cultivo, tipos de reprodución de planta, necesidades hídricas e de abonado, conceptos de sanidade vexetal, sistemas de protección e maquinaria de viveiros e preparación e acondicionamento de plantas para a venda.
Na xornada final realizaranse visitas a viveiros da Comarca para que os alumnos poidan ver in situ a evolución das plantas.
O curso será impatido por técnicos cun alto grao de motivación e altamente especializados no ámbito dos viveiros e do mundo das plantas ornamentais.
O prazo de matrícula para participar no curso abrirase o xoves 2 de maio e formalizarase por órden de rexistro ata acadar a cifra máxima de 15 alumnos.