A asociación de veciños Cervo e Sargadelos imparte cursos de manualidades, bordado, bolillos, debido gran demanda. O remate do curso farase unha exposición dos traballos realizados, coincidindo coa semana das festas patronais do San Roque de Cervo. A duración dos cursos será dende novembro de 2010 a xuño de 2011; luns para manualidades e martes e xoves para bordado e bolillos, en horario de 18:00 h.- 20:30 h no local social da aavv, en avda. de Galicia, s/n-baixo. As persoas interesadas deben contactar con Manola no 982 557 776, María 620 56l0 256 ou Angeles no 653 462 767
Cursos de bordado, bolillos e manualidades da asociación de veciños Cervo e Sargadelos
Cursos de bordado, bolillos e manualidades da asociación de veciños Cervo e Sargadelos
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela