A carteira contiña no seu interior 1040 euros e diversa documentación persoal
Burela, 20 de abril de 2024. Ao redor das 20,00 horas do pasado mércores, un súbdito senegalés, veciño de Burela compareceu en dependencias oficiais da Garda Civil e fixo entrega dunha carteira, en cuxo interior se atopaba diversa documentación persoal e 1.040 euros en efectivo.
Comunicuo aos axentes que atopara a carteira tirada no chan na rúa Rosalía de Castro da localidade, á altura dun establecemento comercial especializado na atención a mascotas.
Tras examinar o lexítimo propietario o seu contido, manifestou que non lle faltaba nada do seu interior e logo, enormemente agradecido, solicitou información para poñerse en contacto con quen atopara a carteira para poder agradecerlle persoalmente a súa honrada actuación e facerlle entrega dunha gratificación.