Sairá do Concello ás 12,30 e volverá ao mesmo punto tras un percorrido polas rúas Villafranca del Bierzo, Ramón González, Dr. Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo e remate de novo no concello. A convocatoria ven do colectivo pola paz da Mariña de Lugo e Occidente asturiano que se concentra todos os domingos nas escaleiras do concello para denunciar todas as guerras no mundo, as carreiras armamentísticas, o risco de guerra nuclear e a posta en valor dunha cultura de paz como patrimonio e dereito das persoas. Ao remate lerase un manifesto esixindo o cese do fogo que é común a outras concentracións que se realizarán en todo o estado.