Antonio Ameijide e Carmen José López visitaron Viveiro xunto á voceira do PP, Mariña Gueimonde, e comprobaron como as estradas provinciais que levan ao miradoiro de San Roque teñen numerosas deficiencias polo que é preciso o seu arranxo para garantir a seguridade e a imaxe do municipio xa que son as que levan a un dos principais miradoiros e puntos de interese da vila
Viveiro, 19 de abril de 2024. “Coidar as estradas tamén e investir en turismo”. Así o explican os deputados do Grupo Provincial Popular que indican que manter as estradas en boas condicións é fundamental para garantir a seguridade de todos os turistas que cada ano chegan á provincia para coñecer a nosa riqueza cultural, patrimonial, natural e gastronómica.
Os deputados populares Antonio Ameijide e Carmen José López visitaron Viveiro xunto á voceira popular na localidade, Mariña Gueimunde, que lles explicou a situación na que se atopan as estradas provinciais nese municipio, especialmente as que levan ao Monte San Roque, un dos puntos que máis visitantes atrae de toda a Mariña polas súas incribles vistas.
O voceiro popular Antonio Ameijide sinala que “non se pode entender como unhas estradas que acumulan tanta circulación estean cheas de fochancas”. “A realidade é que as únicas estradas provinciais que preocupan a José Tomé son as de Monforte, onde é alcalde, xa que é o único municipio no que están en perfectas condicións porque nin en Viveiro, cunha alcaldesa socialista se preocupa por amañalas”, sinalou.
Dende o Grupo Provincial Popular instan ao goberno da Deputación a arranxar estas estradas, sobre todo antes do verán, xa que en poucas semanas miles de turistas as achegarán a esta localidade para gozar do miradoiro do Monte San Roque “polo que estas vías deberían de estar en perfectas condicións para garantir a seguridade”, actuación que debería de estenderse ao resto de estradas provinciais da Mariña xa que serán miles os turistas que se achegarán ata as praias lucenses.
Dende o Grupo Popular recordan a necesidade de que a Deputación de Lugo conte un plan de arranxo de estradas anual no que, en base a criterios obxectivos, se dea prioridade a aquelas estradas que presentan un maior deterioro ou nas que hai máis tempo que non se actúa para que estean en bo estado.