Trátase dunha zona troncal da localidade e hai risco de accidentes se non se rematan as obras e, aínda máis, agora que se acerca a época estival
Foz, 12 de abril de 2024. O PP de Foz non quere máis enganos. “Queremos saber cales son os motivos concretos de porque as obras nas Casas Baratas –nas rúas Irmandiños, Curros Enríquez e praza de Galicia- seguen paradas”, reclama o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
Hai que recordar que se trata dunhas obras que se anunciaron a “bombo e platillo” por parte do presidente da Deputación de Lugo e do alcalde de Foz antes das eleccións municipais; unhas obras que non están cumprindo cos seus obxectivos, especialmente, os prazos. “Parece que o señor Tomé e o señor Cajoto se están a burlar dos veciños e veciñas de Foz que se senten totalmente enganados por parte do ente provincial e do equipo de goberno local, formado por PSOE e BNG”, lamenta Jorge Castiñeira.
As Casas Baratas trátase dunha zona troncal da localidade que dá acceso ás praias, á zona turística de Foz e, tamén, ao Campo da Cabana e á zona portuaria. “Tal e como se atopa esta zona se están causando uns riscos e uns perigos que cremos que son inasumibles agora que se achega o verán e que haberá moitísimos vehículos circulando e moitas persoas na nosa vila. Están os pasos de cebra sen pintar, os pavimentos son provisionais, hai pedras en practicamente toda a zona e as bases das farolas están protexidas con conos” advirte o voceiro do PP de Foz.
“Concretamente queremos saber cando se van a iniciar novamente os traballos, se vai a ter un sobre custe esta obra e cando se vai a rematar nas condicións que se prometeron no seu momento por parte do presidente da Deputación de Lugo e do alcalde de Foz”, finaliza o voceiro popular.