Nota de Prensa
Adxudicado por 269.631,70 euros o contrato do servizo de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos sanitarios especiais e químicos xerados no Hospital da Costa
Resolución do 10 de setembro de 2010, da Xerencia do Hospital da Costa, Burela (Lugo), pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servizo de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos sanitarios especiais e químicos xerados no Hospital da Costa e de subministración sucesiva de contedores e envases para os diferentes tipos de residuos para este hospital, pertencente ao Servizo Galego de Saúde AB-HCC1-10-003.
Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Hospital da Costa.
Obxecto do contrato:
b) Descrición: servizo de recollida, transporte, tratamento e eliminación de residuos sanitarios especiais e químicos xerados e subministración sucesiva de contedores e envases para os diferentes tipos de residuos.
Orzamento base de licitación.
Importe neto: 244.693,46 euros sen IVE; o importe do IVE: 24.938,25 euros, o orzamento total con IVE: 269.631,70 euros.
Adxudicación.
-Lote: lote 1.
Importe neto: 154.773,83 euros.
IVE: 12.381,90 euros (8%).
Importe total: 167.155,73 euros.
Constratista: Consenur, S.A., A36749414.
-Lote: lote 2.
Importe neto: 82.806,55 euros.
IVE: 14.905,18 euros (18%).
Importe total: 97.711,73 euros.
Contratista: Consenur, S.A., A36749414.
Burela, 10 de setembro de 2010.
José Insua Pernas
Director xerente do Hospital da Costa de Burela