O concerto será o sábado, día 13 de abril, ás 13 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela
Burela, 11 de abril, 2024. Xa de pleno na primavera, os anticiclóns demoran na comarca e converten a hora do aperitivo nun momento perfecto para a música e o encontro. No centro social Xebra, en Burela, saben ben disto e por iso organizaron unha festa cun concerto de Tecor Societário, grupo galego de punk e folk, en sesión vermú o próximo sábado 10 de abril, ás 13 horas. A banda, formada en Compostela en 2017, está formada por Ares (Batería), Cipri (Baixo), Roi (acordeón), Iago (gaita) e Xabi (guitarra e voz).
Desde o Xebra convidan o público a asistir ao evento, cuxa entrada custará 5 euros para persoas socias e 6 para as non socias. Como é habitual nas citas deste local burelao, a organización promete baile, música e bo ambiente para unha mañá de sábado na Mariña.