As obras de acondicionamento do vial supoñen un investimento de 41.250 euros
Lugo, 9 de abril de 2024. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo financia as obras de acondicionamento da pista de Fontecova, en Viveiro. A área provincial e a Concellería de Medio Rural de Viveiro asinaron un convenio de colaboración para desenvolver as obras , que supoñen un investimento de 41.250 euros.
Trátase dun vial de titularidade municipal que serve como acceso a unha zona de gandeiría, que moi deteriorado polo tránsito de maquinaria agrícola. As obras, que se están executando nestes días, suporán a rehabilitación integral da pista, con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e pintado de marcas viais e sinalización vertical.
O deputado de Rural Daniel García e o concelleiro Ramón Martínez coincidiron en sinalar “a importancia das infraestruturas e servizos para que as zonas rurais sigan mantendo a poboación e a actividade produtiva”
O acondicionamento da pista de Fontecova súmase a outras actuacións realizadas no rural de Viveiro, coa colaboración das dúas administracións, como a ampliación da rede de saneamento na parroquia de Vieiro, recentemente executada, coa que extendeu o servizo ás vivendas da Igrexa e que supuxo un investimento de 48.270€.