Ademais, o mércores haberá unha nova actividade enmarcada no programa Coida Cervo, coa colaboración da asociación Mulleres de San Cibrao, na Casa do Mar, en horario de tarde. Será unha proposta de manualidades con material de refugallo. Xa pola noitiña haberá un novo guateque do programa Arruguiñas, esta vez nas Escolas Vellas de Cervo, a partir das 20:00 horas, coa colaboración de Airiños do Xunco.