Viveiro, 24 de marzo, 2024. Este sábado, 23 de Marzo, o Club de Remo Celeiro desprazouse ata Rianxo con 2 bateis de categoria infantil para participar na IX Bandeira de Bateis Virxe do Carme de Rianxo.
Debido ao forte vento, o campo de regatas tivo que trasladarse a outro alternativo e, polo cal, a regata realizouse na modalidade de contra reloxo.
En canto a resultados, as Infantís Femininas conseguiron acadar o 6º mellor tempo na clasificación xeral, mentres que os Infantís Masculinos, despois de ter un percorrido complicado, derivado polos refachos de vento, acadaron finalmente o 10º mellor tempo da clasificación xeral.