Ribadeo, 22 de marzo de 2024. Os centros de ensino de Ribadeo celebraron o día da árbore realizando varias plantacións.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “celebramos o día da árbore con todos os centros educativos de Ribadeo. O Gregorio Sanz fixo unha plantación de árbores nas súas inmediacións e o Sagrado Corazón participou nunha plantación de árbores nun espazo público”.
O rexedor subliñou que “con este acto o que queremos é reivindicar, loitar e defender o medio ambiente. É unha cousa de todos, non é unha cousa dunha celebración dun día, senón que hai que poñelo en práctica todos os días”.
Vega cre que “unha boa forma é educar ás nosas nenas e nenos para que conserven o medio ambiente e seguir traballando entre todos para defendelo”.