Viveiro, 19 de marzo, 2024. Un ano máis o CCHV segue ampliando a oferta de actividades da Semana Santa de Viveiro. Este ano o Juepeo do xoves 21 será “Tapeo de Cuaresma”, unha iniciativa posta en marcha en colaboración ca Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, e na que por suposto, ó ser un tapeo de Cuaresma ningunha tapa leva carne.
As propostas do locais participantes son:
Este ano volveranse a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro.
Esta é xa a duodécima edición, e cabe resaltar o éxito obtido nas pasadas edicións que fai que se repitan un ano mais.
“Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuito”.
O obxetivo é dar a coñecer o patrimonio cultural e artístico, non só a visitantes, senón tamén ós lugareños, para os que a maioría das veces o mais cercano é o mais descoñecido. Con esta actividade poténciase o patrimonio material e inmaterial, a historia da nosa vila e como redundou no resto de Galiza. A mellor ventá para dar a coñecer o que somos e de onde vimos, toda a historia que encerran as nosas ruas, calexas, monumentos, arquitectura, en definitiva…. Descubrir os encantos dun dos cascos Históricos de mais sona da Comarca.
As visitas serán da man do viveirense Suso Martínez, Historiador e guía de turismo oficial. Colaborador en varios medios en asuntos de turismo e historia de Galicia.
Guía do Concello de A Coruña e guía na Semana Santa de Viveiro dende o 2010.
Horarios:
Luns 25, martes 26 e mércores 27 de Marzo.- ás 18:00 horas Xoves Santo, 28 de marzo.- ás 12:00 horas
Venres Santo, 29 de marzo.- 13:00 horas Sábado de Gloria, 30 de marzo.- ás 17:30 horas
Domingo de Resurrección, 31 de marzo.- ás 13:00 horas
As visitas partirán tódolos días dende a Praza Maior, cada visita é distinta, ningún dia o percorrido é o mesmo, o que as fai moi amenas e interesantes. Os grupos están limitados a 50 persoas, e as reservas realízanse 15 minutos antes no punto de partida directamente co guía.
Dende a Directiva da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro “queremos agradecer a Suso Martinez que un ano máis acepte ser o guía destas visitas xa consolidadas no tempo e que tanto éxito acadan ano tras ano grazas ó seu bó facer”.
“E por outro lado, agradecer á Xunta de Cofradías a gran labor que levan a cabo ca organización e promoción da Semana Santa de Viveiro que tan importante é para todos o viveirenses, e a satisfacción que é para nos poder colaborar con eles na organización destas actividades”.
APERTURA XOVES SANTO
Este ano, o comercio de Viveiro abrirá as suas portas o festivo de Xoves Santo en horario de mañá, así se dicidiu pola maioria dos negocios. A apertura será de 11 a 14 horas, que é o horario de festivos. Nestas datas de moita afluencia de xente á vila e dous días festivos consecutivos, o comercio abrirá para poder dar servizo comercial tanto á xente da vila como ós visitantes que se achegan estes días a Viveiro.