A Mariña, 15 de marzo de 2024.- Dende Mariña Patrimonio están a organizar para o próximo domingo 24 de marzo unha visita polo patrimonio de Friol. Está previsto visitarmos, acompañados por Brais Rodríguez Romero, a medorra de Narla, o dolme da Moruxosa, a Feira do queixo e o pan de Ousá e maila fortaleza de San Paio de Narla. Despois do xantar, achegarémonos aos petóglifos da Pena Castrexa e ás igrexas de Carlín e Trasmonte.
O desprazamento farase en bus, que sairá probablemente ás 8.00h de Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Friol. debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, podería ser modificado en función da procedencia das persoas participantes.
O prezo total da actividade será de 30€; 15€ polo bus e 15€ polo xantar. As persoas non socias asumirán un custo adicional de 10 €.
A data límite para apuntarse remata o mércores 20. Prégase realizar a comunicación de participación o antes posible para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para apuntarse cómpre enviar un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, número de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.
Cando se teña a lista de participantes, concretarase con tempo suficiente o itinerario, paradas e horario do bus así coma o número de conta no que será preciso ingresar o custo da actividade.