Os feitos tiveron lugar nunha lavandería situada en de Ribadeo, onde unha usuaria deste establecemento esqueceu un bolso de man da súa propiedade que contiña diñeiro en efectivo e documentación diversa. Iniciouse unha investigación para tratar de localizar o bolso extraviado, sendo este entregado en dependencias oficiais por parte da persoa investigada, o cal simulou un achado ocasional, pero xa sen o diñeiro no interior do bolso de man. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.