Antonio Ameijide comprobou, xunto a Bernardo Niño, o estado das vías que a Deputación de Lugo ten na Fonsagrada
A Fonsagrada, 7 de marzo de 2024. “Nin ter ao alcalde como deputado do equipo de goberno na Deputación libra aos veciños da Fonsagrada do abandono xeralizado das estradas provinciais por parte de Tomé”. Así de contundente se amosou Antonio Ameijide tras comprobar como neste municipio a imaxe das vías de titularidade da Deputación tamén deixan moito que desexar.
Un dos mellores exemplos é a estrada LU-P-1901, unha vía que presenta numerosas deficiencias derivadas da falta de mantemento que se exemplifica en varios puntos.
En primeiro lugar poden verse varios tipos de firme nesta vía, o que demostra que “as poucas actuacións que se fixeron sempre foron pequenos parches”, en lugar de realizar unha actuación integral para poder manter en boas condicións toda a vía.
Outra das eivas que poden atoparse “e que maior risco supoñen para os condutores” son as fochancas e afundimentos que hai na vía. Un dos puntos máis perigosos está entre os puntos quilométricos 15 e 16. Nunha curva hai un afundimento pronunciado cara o interior da mesma, podendo provocar a perda do control dos vehículos aos condutores.
En último lugar, as fochancas presentes na vía, na maior parte dos casos producidas pola auga, a humidade e as xeadas, principalmente pola falta de cunetas na vía. “Ao non haber cunetas, a auga corre pola estrada, provocando un deterioro progresivo, como as fochancas ou puntos nos que se perdeu por completo a capa de rodadura”, explicou.
Unha situación que afecta de xeito notable á vida diaria dos veciños da Fonsagrada, sobre todo daqueles que residen en núcleos afastados. “Durante a visita que realizamos ao municipio co voceiro popular, Bernardo Niño, comprobamos como hai moitos núcleos que quedaron baleiros ou cun único veciño”, ao que engadiu que, “posiblemente, unha das causas desta situación, sexan as dificultades que hai para acceder ás vivendas, provocando