Será coa XXV Ruta Cabalar con saída ás 10 h do Campo da Igrexa de Sumoas, pasando pola Lagüela, contorna da praia de Lago, contorna dos Cantís de Papel de Morás e retorno ao lugar de saída. Á metade da Ruta vanse servir uns pinchos para os participantes. Ao remate haberá un xantar na carpa no Campo da Igrexa de Sumoas servido pola Pulpería Mario con sobremesa musical amenizada por un grupo e sorteo de agasallos. Todas as persoas que queiran inscribirse, poderán facelo ata o 13 de marzo (incluído), cun custo de 30€ por persoa. A Asociación non se fará responsable de ningún accidente que puidera orixinarse durante a celebración desta Ruta Cabalar; cada xinete será responsable dos danos que puidera ocasionar. Esta actividade, que como dixemos antes está organizada pola Asociación, conta coa colaboración do Concello de Xove.
O domingo, 17 de marzo, celebrarase o XXV Aniversario da fundación da Asociación Equina a Medela de Xove
O domingo, 17 de marzo, celebrarase o XXV Aniversario da fundación da Asociación Equina a Medela de Xove
Relacionado
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros