“Acelera tu corazón, vive Mondoñedo”
Mondoñedo, 29 de febreiro, 2024. Ven de presentarse a edición para o presente ano da concentración de motos de Mondoñedo “N-634, La invernal de Galicia” que terá lugar na cidade episcopal durante os días 16 e 17 de marzo, para os que xa está aberta a inscripción.
Presentaron onte o evento o presidente da asociación Motoclub N-634, Miguel Arias acompañado do Alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, do Concelleiro de Cultura, Alberto García e da Concelleira de Turismo, Patricia Otero.
Dende a organización e o Concello queren convidar a moteiros e moteiras a participar neste evento que abre as concentracións de motos en Galicia, e dicirlle a todo o mundo “Acelera tu corazón, vive Mondoñedo”, tal como reza o seu slogan.