Preto de medio cento de persoas acudiron o pasado xoves á librería Bahía de Foz onde Ugía Pedreira presentaba o seu disco Noente Paradise do que o escultor Caxigueiro, que acompañaba no acto á artista focega, dixo: “ Este disco-libro é unha caixa de sorpresas. Algunhas xa desveladas nas súas aparicións públicas, comandando esa banda de homes, de grandes músicos que forman o seu grupo de referencia: Marful. Outras letras tamén son coñecidas por formar parte doutro importante ensaio creativo: Nordestinas. Ademais en Noente coa súa voz posta ao servicio de dúas cancións inéditas, así como a primeira incursión pública no eido da plástica. Seis fotografías que son seis expresións mais da súa sensibilidade”. Pódese decir, polo tanto, que se trata dun traballo multidisciplinar no que se mesturan a música, a poesía e a plástica coa presencia das cancións que Ugía interpreta coa súa voz poderosa e o sentimento que a caracterizan, acreditados en tódolos seus traballos.
O título de Noente procede dun lugar rural da provincia de Pontevedra ó que Ugía adoptou como o que podería ser o seu paraíso particular; nel permeñeceo un tempo para naquela paz bucólica mergullarse no estudo e a refrexión e daquela experiencia xurdíu a obra que agora amosa ó público e que non dudamos vai a ter moi boa acollida, sobre todo por parte daquelas persoas coa sensibilidade precisa para captar a beleza, ética e estética, que teñen que ver coa cultura/terra, cos valores mais profundos do noso ser galego, identificándose cos mesmos.
Cabe destacar asemade a orixinal e fermosa presentación do disco; do diseño e maquetación dos que foi responsable Marcelino Villarino Cageao, a quen a propia Uxía difine como “o ferreteiro ilustrado”. Trátase, pois, dun traballo verdadeiramente singular e meritorio que non pode pasar inadvertido. Este cronista comprácese en resaltar o feito: é unha obra de artistas focegos, benqueridos amigos do que suscribe, que pon un piar importante na brillante carreira artística de Ugía Pedreira.