O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só?. É no camerino onde se mestura a persoa e a persoaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa. Para público a partir de 5 anos, ás 18h.
O pallaso Roi Borrallas “solo” este domingo no Pastor Díaz de Viveiro
O pallaso Roi Borrallas “solo” este domingo no Pastor Díaz de Viveiro
Relacionado
-
Loureiro destaca “a capacidade do Porto de Celeiro para facer fronte aos problemas e os cambios do sector pesqueiro”
-
Villares defende en Viveiro maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co reino unido debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega
-
Viveiro reclama á Xunta “que non recorte o Espazo Xove e restaure o servizo de animación sociocultural”