ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE INTERIOR E EMERXENCIAS DE GALICIA DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
DATA DE ENVIO: 03/10/2010
NIVEL DE ALERTA: VERMELLO
TIPOLOXÍA: CHOIVA
• ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN NO NIVEL DE
ALERTA.
Ampliación da alerta laranxa emitida no día de onte (02/10/2010) por choiva
A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), informa no seu boletín emitido ás 11,48 hora
oficial do día 03/10/2010 dun episodio de meteoroloxía adversa por choiva (risco
importante), que será de ata 130 mm en 12 horas, nas zonas Noroeste, Miño e Sur de
Ourense, e Interior de Pontevedra.
Asimesmo amplíase ao nivel de alerta laranxa para as zonas da Montaña e Sur de Lugo, así
como no resto das zonas das provincias de Ourense e Pontevedra, non afectadas pola alerta
vermella. Na zona Centro da Provincia de Lugo a precipitación acumulada en 12 h será de 80
mm.
Esta situación está prevista entre as 11,00 e as 20,00 do día de hoxe.
Continúan sendo válidos os datos correspondentes á alerta laranxa emitida onte día
02/10/2010, respecto ao vento e a choiva, non recollidos nesta ampliación.
.
POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES
EN PREVISIÓN DESTES FEITOS:
Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións
meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos
dispoñibles.
SE CHEGAN A DARSE AS PREDICIÓNS, PRODUCÍNDOSE SITUACIÓNS DE EMERXENCIA OU
URXENCIA DEBERÁ INFORMAR A ESTE CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA.
• No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS
112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.112galicia.org e de
Meteogalicia: www.meteogalicia.es
REFERENCIA 1/1
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
DATA DE ENVIO: 02/10/2010
NIVEL DE ALERTA: LARANXA
TIPOLOXÍA: CHOIVA, VENTO
• ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN NO NIVEL DE ALERTA.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da Delegación Territorial en Galicia, informa no seu boletín
emitido ás 10:09 hora oficial do día 02/10/2010 dun episodio de meteoroloxía adversa por choiva e vento , para
Galicia, de nivel laranxa (risco importante):
Choiva: Espérase que a partir das 00:00 hora oficial do 03/10/2010 e ata as 16:00 hora oficial do 03/10/2010,
precipitación acumulada nunha hora de 30 mm, e precipitación acumulada en 12 horas de 90 mm, nas provincias da Coruña (Oeste e Suroeste) e Pontevedra.
Ventos: Espérase que a partir das 12:00 hora oficial do 03/10/2010 e ata as 22:00 hora oficial do 03/10/2010, rachas máximas de 100 km/h, na provincia da Coruña e Pontevedra.
Tamén espérase que a partir das 16:00 hora oficial do 03/10/2010 e ata as 22:00 hora oficial do 03/10/2010, rachas máximas de 100 km/h, na provincia de Lugo (A Mariña).
POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES EN PREVISIÓN DESTES FEITOS:
Adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións
meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos
dispoñibles
SE CHEGAN A DARSE AS PREDICIÓNS, PRODUCÍNDOSE SITUACIÓNS DE EMERXENCIA OU
URXENCIA DEBERÁ INFORMAR A ESTE CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA.
• No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS
112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.112galicia.org e de
Meteogalicia: www.meteogalicia.es