Ribadeo, 21 de febreiro, 2024. A Mariña Lucense estase a consolidar, pouco a pouco, como un punto de referencia das persoas aficionadas ós puzzles, con varios concursos novos que tiveron lugar ó longo do 2023 nas suas poboacións e que contaron con gran aceptación.
Despois do éxito do concurso de puzzles celebrado o ano pasado en Ribadeo, convocamos de novo o 2º Concurso Solidario PuzzlEO RibadEO, en colaboración coa Asociación Guillem Veiga Iglesias. Todo o recadado durante o evento será destinado a esta entidade, con sede en Barreiros, adicada a mellorar a calidade de vida da infancia (con ou sen discapacidade) e o benestar das suas familias. Máis información en https://asociacion-guillem-veiga-iglesias.ueniweb.com/ https://www.facebook.com/guillem.veigaiglesias.3
O evento está organizado por socias de AEPUZZ e a Asociación Cultural A Ronqueta co apoio do Concello de Ribadeo e colaboradores como O Ferrado Marelo, Doctor Panush e Bis a Bis.
Unha novidade neste ano é o concurso para a modalidade infantil, con tres categorías divididas por rangos de idade. Poderán participar nenos e nenas entre 4 e 12 anos e terán que completar puzzles de 100, 200 ou 300 pezas, iguais dentro de cada categoría. Disporán dunha hora e media para facelo e os gañadores serán quenes antes rematen de facer o seu respectivo puzzle.
Volverá a repetirse a modalidade de parellas na que todas as parellas participantes montarán simultáneamente un puzzle de 500 pezas, igual para todas, sendo a gañadora a parella máis rápida. Dispoñen dun tempo máximo de dúas horas.
As prazas están limitadas a 60 participantes na categoría infantil (20 participantes por categoría) e de 60 parellas na modalidade de parellas.
A cita terá lugar o Domingo 17 de marzo de 2024 de 10:00 a 11:30 para a modalidade infantil e de 12:00 a 14:00 para a de parellas no Pavillón Municipal de Deportes de Ribadeo.
As inscricións deben realizarse a través da páxina web de AEPUZZ www.aepuzz.es e xa está aberto o prazo dendo o pasado luns 19 de febreiro de 2024. O custo da inscrición é de 10€ na modalidade infantil e 18€ na de parellas, aplicándose un desconto de 3€ por persoa para socios e socias de AEPUZZ.
Haberá premios para os tres mellores resultados de cada categoría e para a mellor parella local.
Toda a información sobre as bases do concurso pode consultarse na mesma páxina web de AEPUZZ https://aepuzz.es/ii-concurso-solidario-puzzleo-ribadeo
No correo electrónico puzzleoribadeo@gmail.com resolverase calquera dúbida ao respecto.
Se che gustan os puzzles, non dubides en participar. E se tés curiosidade, tamén podes vir a disfrutar do ambiente e acompañarnos ese día. Merece a pena!