Viveiro, 20 de febreiro, 2024. O Concello de Viveiro quere aclarar o seguinte:
-A Feira das Maulas en Galdo sempre foi organizada pola asociación de veciños, coa colaboración do Concello de Viveiro.
-Nos últimos anos, o concello asumiu de forma excepcional a organización e o custo íntegro da organización da feira, uns 7.000 euros, xa que non era posible asumilo por parte da asociación de veciños.
-Este ano, o concello falou coa asociación de veciños para explicarlles que non podía asumir o custo íntegro da organización da feira. A asociación tampouco pode facerse cargo, polo que decidiu que non se celebra este ano.
-O Concello de Viveiro espera e desexa que nos próximos anos sexa posible celebrar a feira.