Xermade, 17 Febreiro, 2024. O alertador atopábase só e confuso.
Decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron o ferido en contacto cos médicos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a fin de recibir as primeiras indicacións mentres chegaban os recursos de emerxencias.
Tamén foron alertados os Bombeiros de Vilalba, que se encargaron de facilitar o acceso á vivenda, debido a que o ferido estaba só e sen posibilidade de moverse.
Apenas acertou a pedir axuda a través do 112, xa que padecía moita dor e mesmo estaba algo confuso.
A caída produciuse no interior do seu domicilio, na Praza do Concello, en Xermade, Lugo. Alí acudiron, ademais, os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.