Ribadeo, 15 de febreiro de 2024. O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu a reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Este encontro contou coa participación activa dos centros de ensino de ribadenses, as forzas e corpos de seguridade do Estado, as técnicas do CIM e a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo.
A Xunta estivo representada por Sandra Vázquez, secretaria xeral de Igualdade, quen resaltou a importancia destas mesas como ferramentas fundamentais para deseñar políticas e accións orientadas a erradicar a violencia de xénero.
A xuntanza centrouse na discusión e o impulso de estratexias de sensibilización e prevención dirixidas a toda a poboación, con especial atención nos centros de ensino.