O Valadouro, 4 de febreiro, 2024. O mes gandeiro do Valadouro comezou este sábado coa Feira de Razas Autóctonas, organizada pola concellería de Medio Rural do Concello do
Valadouro coa colaboración de asociacións gandeiras e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O deputado de Rural Daniel García visitou o recinto feiral, que albergou con exemplares de cabalo de Pura Raza Galega, Porco Celta , Ovella e Cabra Galega, Rubia Galega, Morenas Noroeste, Burro Fariñeiro, Galiña de Mos, Pita Piñeira e Can de Palleiro.
Daniel García valorou “o traballo dos gandeiros e gandeiras que trouxeron os seus animais á feira, propiciando esta xornada festiva e de reivindicación da gandeiría e do rural” e destacou “a importancia da conservación das razas autóctonas, que vai aparellada á conservación e á protección do territorio e da paisaxe”