Nota de Prensa
No marco da Feira das Asociacións e coordinado polo Colectivo Cultural Buril de Burela, celebrouse o pasado domingo 26 en Riotorto o “I Aberto do ferro” de billarda.
Ao non haber xornada da liga regular, foron moitos os palanadores que se achegaron para competir polo fouciño (trofeo establecido para este torneo). Aos xogadores da localidade uníronse outros dende distintos puntos, nomeadamente da Mariña Luguesa. Os entusiastas e inconbustibles irmans Rodiño tamouco faltaron a cita e deronlle un plus de competividade, ainda que desta volta non tiveron o seu día. Marcos palanador dos Remourelle Bulls encargouse de chimpar fora da competición a Xosé na segunda rolda e Xan quedara fora na fase de grupos e aproveitamos para poñerlo de arbitro, salientar que tivo que expulsar a Pinto (o can de Flores) por facer uso dos dentes na canela de Ginés.
A xornada foi moi disputada destacando Marcos (que recibiu o premio a combatividade) e Geni que foi quen de chegar a final ainda que non poido acadar o triunfo fronte a Daniel.
O palanador dos Billardeiros Musicasi atópase en gran forma e o igual que fixo en Burela, aquí tamén saiu gañador.