Viveiro, 25 de xaneiro, 2024. O Foro Social da Mariña quere expresar os anceios das xentes que sofren as eivas do noso sistema de saúde.
O Foro Social da Mariña quere axudar a devolver esperanza, e repetir nestes tempos que na nosa terra temos os recursos, as persoas e os coñecementos, para recuperar a participación e a proximidade na asistencia sanitaria.
Bernardino Pardo Teijeiro é médico de familia en Lugo, e o seu traxecto vital representa un exemplo e un guieiro para os sanitarios, un amigo para os seus pacientes, … aos seus coñecementos e á súa experiencia xunta a humanidade que hoxe invocamos.
Monserrat Porteiro Sánchez é enfermeira de Atención Primaria en Foz. Coordina a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Mariña , é a nosa bandeira neste camiño pola mellora da atención sanitaria.
Inmaculada García Arroyo, médica pediatra en San Cibrao e excooperante internacional, vainos aportar, como fixo en Burela durante a pandemia, os seus coñecementos na atención pediátrica e na xestión de crises sanitarias.
A cita é no salón multiusos de Viveiro, o martes 30 de xaneiro ás 20 h.