A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu esta mañá á toma de posesión do novo alcalde de Trabada, Rubén García Freije. Isabel Rodríguez animouno a seguir o camiño que trazou para o municipio a xa ex alcaldesa, Mayra García, e desexoulle moitos éxitos na xestión do concello para estes anos. A subdelegada trasladoulle o seu convencemento de que tratará os asuntos da vila coa máxima responsabilidade e ofreceu a colaboración da Subdelegación para seguir a realizar melloras neste concello.