A candidata do BNG visitou a rodaxe do novo proxecto de Margarita Ledo, Prefiro condenarme, que se está a realizar en varias ubicacións de Lugo
Lugo, 4 de decembro de 2024. A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou no Cículo das Artes a rodaxe de Prefiro condenarme, o novo filme de Margarita Ledo que se está a rodar en diferentes ubicacións da cidade de Lugo nestes días. Rodil destacou o apoio do BNG á cultura galega, “especialmente ás creadoras e creadores no sector audiovisual, un sector que colleita premios dentro e fora de Galiza”.
Rodil presentou as propostas do BNG dentro do compromiso pola defensa e apoio aos sectores creativo e audiovisual, que pasan pola creación dunha nova Lei Galega do Audiovisual adaptada á realidade do Século XXI e polo investimento do 6% do orzamento anual da CRTVG no apoio e impulso á creación audiovisual galega e en galego, especialmente no cinema.
A candidata do BNG afirmou que estas propostas se realizarán “en constante diálogo co sector”, e permitirán “seguir a mellorar a calidade do audiovisual galego”.
Segundo Rodil, o papel dos medios públicos debe ser “unha ferramenta” que garanta o dereito de todas as galegas e galegos para acceder ás producións culturais feitas na Galiza, “en franxas de máxima audiencia”, e “avanzar na oferta de contidos audiovisuais en galego desde as televisións e plantaformas dixitais”.