Será na Praza do Conde Santo ás 12 horas
A Mariña 20 de xaneiro de 2024. A Plataforma Sanitaria da Mariña convoca una concentración este domingo 21 de xaneiro na Praza do Conde Santo ás 12horas.
Esta mobilización responde á falta de pediatra na localidade de xeito continuado. O servizo de pediatría préstase de xeito compartido entre as localidades de Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá, correspondéndolle a Lourenzá consulta de pediatría un día á semana. A pandemia foi a escusa perfecta para o Sergas para eliminar o servizo nesta localidade e a día de hoxe continúa sen restablecerse.
Máis as eivas en pediatría remóntanse a moito tempo atrás, con ausencias non substituídas, prolongadas no tempo e que xa foron obxecto de mobilizacións nas tres localidades afectadas, con recollida se sinaturas e reclamacións colectivas. Segundo explica a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, centos de familias reclamaron cobertura de pediatría cando o titular estaba ausente por mor de permisos ou baixas, máis non só non fixeron caso omiso, senón que agora a ausencia de pediatra en Lourenzá e total e continuada. Por iso esiximos ao Sergas que restableza íntegramente o servizo de pediatría, tanto en Lorenzá como no resto de localidades da Mariña onde persiste este grave problema, “xa que contar con pediatras nos centros de Atención Primaria non é ningún privilexio , senón un servizo básico que garante a normalidade na asistencia sanitaria e que está a ser desmantelado polo goberno da Xunta”.
Desde o colectivo sanitario animamos ás familias e veciñ@s tanto das localidades afectadas coma do resto da comarca, a que acudan á concentración do vindeiro domingo en demanda da reposición do pediatra nesta localidade, así como da normalización do mesmo nos otros concellos nos que comparte a asistencia. Igualmente reclamamos que se cubran as prazas de pediatras ou se substitúan as ausencias no resto de centros de saúde da comarca onde non se deu solución aínda.