Xove, 30 de decembro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo alcalde do concello de lucense de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa, reuníronse hoxe pola mañá co fin de manter un encontro institucional que tivo lugar nas instalacións portuarias de Morás, que desde ata o século XVIII foi un dos grandes portos baleeiros da Mariña, actividade que retomaría entre os anos 1965 e 1976.
Nesta visita polo peirao desde onde se divisan as instalacións portuarias e a planta de Alcoa San Cibrao Alfonso Villares e o rexedor de Xove puxeron sobre a mesa as necesidades da dársena local, que nos Orzamentos de 2024 conta con cen mil euros en recursos para o desenvolvemento do gran proxecto que permitirá contar ao sector marítimo-pesqueiro cun contradique, unha nova explanada e pantaláns dos que hoxe carecen.