Ribadeo, 26 de decembro de 2023. Tal como temos anunciado o pasado 21 de decembro tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde. Polo concello estaban o Sr. Alcalde, o técnico municipal e outra persoa do grupo de goberno. Por MODEPEN seis representantes do grupo de pensionistas da Mariña. Pola nosa banda expuxemos o que xa temos publicado aqui e comentado nas nosas xuntanzas públicas que se celebran todos os sábados primeiros de mês no Cantón dos Moreno (a próxima será o 6 de xaneiro ás doce do mediodía). En resumen a nosa idea é que a ubicación que se proxecta enfronte da estación de servizo está moi lonxe do centro do casco urbano e traguerá moitos inconvintes para a gran maioria dos usuários se se chega a realizar nese ponto. Lembramos que hoxendía mais do setenta por cento da poboación do concello de Ribadeo reside no casco urbano e esa tendência é acelerada nos últimos dez anos, de xeito que cando se chegue a realizar o proxecto a porcentaxe será mais de un 80 % con toda probabilidade. Asemade insistimos en que en Ribadeo hai hoxe mais de 3000 persoas maiores de 65 anos e esa tendencia tamén é crecente (datos do censo de 2022). Mesmo entendemos que en Ribadeo existen moitos espazos e solares onde pode construirse un novo centro anque non sexa idêntico ao que proxecta a Xunta de Galicia. Tamén prantexamos a posibilidade de reformar o centro actual, como temos comentado anteriormente. Pola banda do concello insistiron nos argumentos que xá están publicados sen que chegásemos a un acordo. Ao final quedouse en que virá un técnico da Xunta para seguir debatendo a custión.
Suliñar que mais alá do desacordo foi unha xuntanza cordial con exposición aberta de opinións póla duas bandas.
Cando téñamos a data da próxima xuntanza daremos conta dela publicamente. Namentras invitamos a todos os ribandenses, pensionistas ou non a asistir á convocatória pública do próximo dia seis de xaneiro onde se tratará o tema mais extensamente e poderán opinar as persoas que o desexen, sexan ou non membros de MODEPEN , sempre a micrófono aberto sen prexuicios ideolóxicos ou políticos.
MODEPEN A MARIÑA