Nota de Prensa
ROSA ALONSO RODRÍGUEZ, Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Foz INFORMA que o luns 27 de setembro realizouse a presentación das Actividades de Servizos Sociais para este curso 2010-2011 e que está aberto o prazo para as persoas interesadas en inscribirse.
As actividades son:
· Ximnasia mantemento:
En 2 turnos a elixir:
– Martes e xoves: de 10h. a 11h.
– Luns e mércores: de 17’15h. a 18’15h.
Desenvólvese no ximnasio do Centro Deportivo Municipal. O prezo é de 10€/mes e para as persoas socias do Complexo Deportivo Municipal é gratuíto.
· Manualidades:
Os luns, de 16h. a 18h. No Centro Social. O prezo é de 10€/mes
· Bordado:
Os martes, de 16’30h. a 18’30h. No Centro Social. O prezo é de 10€/mes.
· Pilates:
Os martes e xoves, de 9h. a 10h. No Centro Social. O prezo é de 15€/mes
· Restauración de mobles:
Os mércores, de 17’45h. a 20h. Na Escola Taller. O prezo é de 10€/mes. Comezará no mes de xaneiro
· Corte e confección:
Os xoves, de 16h. a 18h. No Centro Social. O prezo é de 10€/mes.
· Óleo:
Os venres, de 16h. a 18h. No Centro Social. O prezo é de 10€. Comezará no mes de xaneiro.
· Taller de teléfonos móbiles:
Desenvolverase os días 26, 27 e 29 de outubro. O horario será de 17’30h. a 19’30h. Na Casa da Xuventude.
· Bailes de salón:
Os martes, de 19’30h. a 21h. na Sala Bahía. O prezo é de 5€/clase.
Todas aquelas persoas interesadas, poden acudir ao Centro Social e cubrir o boletín de inscrición, ou ben descargalo da web do Concello de Foz: http://www.concellodefoz.es. Deberán entregalo no Centro Social ata do 1 de outubro.
Todas as actividades comezarán na semana no 4 de outubro, excepto óleo e restauración de mobles, así como o taller de teléfonos móbiles.