Mondoñedo, 16 de decembro, 2023. O concelleiro de cultura aclara que os certames Leiras Pulpeiro e Díaz Jacome, ambos de poesía e destinados tanto a novos talentos como aos creadores xa consolidados, voltarán a principios do ano que vén, co obxectivo de darlle un carácter bienal, de maneira que as contas municipais poidan asumir os custes que supoñen os 3 galardóns, e poder así seguir engrandecendo a reputación literaria da nosa cidade.
García lamentou que o portavoz nacionalista estivera máis preocupado en sacar unha nota de prensa para desprestixiar gratuitamente o traballo en Cultura, que en preguntar directamente polos motivos deste reaxuste.
Agora temos tres certames literarios que nos fan únicos en Galicia, á altura dunha cidade, froito dun importante esforzo que Mondoñedo merece, e que se iniciou hai 24 anos baixo o goberno do Partido Popular de Luis Rego.
García aproveitou tamén para animar ao voceiro do BNG a que inste aos seus compañeiros de partido que xestionan as áreas de cultura no goberno da Deputación, a que contribúan co Concello nestes certames cunha axuda económica directa, que foi retirada polos nacionalistas nas últimas edicións.