Será ás 19:00h no teleclub de Cabanas. Despois da proxección haberá un coloquio co profesor e activista cultural Paco Lois Rodriguez Gerreiro, que viveu e participou nas mobilizacións contra a central nuclear. A entrada será de balde. Esta actividade conta co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo e a colaboración da Asociación de Veciñ@s de Cabanas.
O documental “Xove democracia nuclear” chega este sábado ao Vicedo