García Novio naceu na aldea de Santa María de Marrozos, preto de Santiago de Compostela, licenciouse en medicina e especializouse en uroloxía no hospital Universitario da Coruña. Exerceu no Hospital Universitario de Lugo durante máis de corenta anos, sendo xefe de Uroloxía, ao mesmo tempo desempeñou o labor de coordinados hospitalario de transplantes, agora xubilado (aínda que segue parcialmente en activo). Lector desde neno, escritor de cando en vez, interésase polos sentimentos dos personaxes, o que se reflicte nesta novela.