O titular de Mar realizou estas manifestacións acompañado polo alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, na XXXIII edición da Festa do Marisco do Barqueiro organizada polo concello coruñés coa colaboración da Confraría de O Barqueiro-Bares. Alfonso Villares felicitou aos organizadores pola consolidación da cita gastronómica na que se reparten ao redor de 800 racións de produto local e tamén destacou a importancia da organización deste tipo de eventos na exaltación e promoción dos produtos pesqueiros entre os consumidores.