CRÓNICA
Xove (M.F.O.) .- O club de baloncesto Xove non puido logra a primeira vitoria na visita do Peleteiro santiagués e caeu por 77 puntos a 87. O equipo de Pablo Castro foi o dominador do marcador durante os primeiros tres cuartos pero uns malos minutos finais tiraron por terra todo o bo traballo feito anteriormente. Con esta derrota os mariñáns seguen sen estrear o casilleiro de vitorias.
O próximo encontro será ante o C. B. Sarria que aínda non coñece a derrota.