A cita é ás 20:00h no salón de actos da casa da cultura. Sinopse: Dona Katiusca ten unha tenda de roupa, que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Na vida desta muller agóchanse unha chea de maldades e trampulladas. Un día calquera, a tenda énchese de clientas. Todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres. A situación complícase pero aparecen en escena o gran detective Sherlock Sánchez e o seu axudante Cirilo Burrámez, que conseguen resolver os crimes de desentrañar os segredos de Dona Katiusca.
Continúa o Mes do Teatro en Alfoz. Este sábado con: “Asasinato na tenda de roupa” do Grupo de Teatro do HULA
Continúa o Mes do Teatro en Alfoz. Este sábado con: “Asasinato na tenda de roupa” do Grupo de Teatro do HULA
Relacionado
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
Unha obra de Lionel Rexes finalista no Premio “Vilar Ponte” de Viveiro
-
Alfoz presenta o programa “Libres e iguais: cada día máis fortes” para conmemorar o 25N